PDF

Ver a portada de hoxe

de actualidade
Liliane Bettencourt Liliane Bettencourt
 
Votacion: 
No hay votos
Pontevedra 0

Máis roubos en comercios de Pontevedra e menos en vivendas no primeiro trimestre do ano

A Policía Nacional espera que o ingreso en prisión, o martes pasado, de gran parte da banda de cacos que sementou o pánico na cidade sirva para reducir a delincuencia

Bicicleta roubada pola banda desarticulada esta semana que está en Comisaría a disposición do seu dono. CNP

Bicicleta roubada pola banda desarticulada esta semana que está en Comisaría a disposición do seu dono. CNP

A detención, durante esta semana, de gran parte da banda de ladróns que levaba varios meses sementando o pánico entre os propietarios de establecementos comerciais e hostaleiros da cidade debe servir para frear o gran incremento dos roubos con forza rexistrados en Pontevedra durante o primeiro cuadrimestre do ano. Iso é, polo menos, o que pensa o comisario provincial, Manuel Bouzas, que se congratula, ao mesmo tempo, da importante redución dos asaltos a vivendas habitadas, "unha das modalidades delituosas que máis nos preocupa".

A Policía Nacional de Pontevedra presume, con todo, dunha nova onda de datos con redución xeral dos delitos rexistrados na Boa Vila (neste caso, nun tres por cento), nunha análise estatística que inclúe os ilícitos penais máis graves (homicidios e outros delitos contra a vida e integridade física das persoas), os roubos en vivendas, os roubos con forza, os danos, o tráfico de sustancias estupefacientes e os furtos como variables que serven para realizar o estudo.

Consegue a información completa

Comentarios

fotoOs comentarios enviados fóra do horario de moderación, serán aprobados ao día seguinte

Serán borrados os comentarios que conteñan insultos e/ou contados inadecuados Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.