PDF

Ver a portada de hoxe

de actualidade
El periodista Jordi Évole Jordi Évole
 
Votacion: 
5 (1 voto)
0

Dúas actuacións porán en valor o menhir de Currás e o Castro da Subidá

Tres paneis sinalizarán e achegarán información sobre o monumento megalítico situado preto da Variante de Marín

Menhir de Currás. CEDIDA

Menhir de Currás. CEDIDA

O Goberno local pon en marcha dúas actuacións, unha no Castro da Subidá e outra no menhir de Currás, que pretenden pór en valor estes dous elementos do patrimonio arqueolóxico marinense. A actuación no monumento megalítico consistirá na colocación de tres elementos de sinalización e información: un fito vertical, un panel interpretativo e un atril.

O sinal vertical colocarase na estrada de servizo da Variante de Marín, nas inmediacións do menhir, ao Oeste do megalito, e servirá para indicar aos visitantes a localización da pedra. Este sinal pretende servir de guía para os visitantes que cheguen en coche, moto ou bicicleta.

Escavación e restauración do poboado castrexo máis famoso de Marín

Outra das actuacións que o Concello prevé realizar nas próximas semanas é a Intervención arqueolóxica de escavación e restauración no Castro da Subidá, uns traballos nos que se investirán 14.163,29 euros e que pretenden, por unha banda, intensificar o labor levado a cabo neste espazo público e, por outro, mellorar o aspecto dun elemento do patrimonio marinense que se converteu nun gran atractivo turístico e cultural, que cada día gaña máis visitantes.

O Concello de Marín, que promove esta actuación, é o que se encarga de manter este antigo poboado castrexo a través de labores de limpeza e conservación.

Os restos que se conservan consisten nunha unidade doméstica formada por unha vivenda, un almacén e unha peza. Estas tres estruturas, xunto co patio en torno ao que se articulan, son a máis famoso aceno dos antigos habitantes de Marín na Idade de Ferro, entre os séculos I a.C. e I d.C.

Consegue a información completa

Comentarios

fotoOs comentarios enviados fóra do horario de moderación, serán aprobados ao día seguinte

Serán borrados os comentarios que conteñan insultos e/ou contados inadecuados Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.