de actualidade
Neymar Jr. Neymar
 
Votacion: 
No hay votos
Pontevedra 0

Tómase trece cervexas e pretende pagar só cinco nun bar de Xermán Adrio

Axentes da Policía Local tiveron que desprazarse ata o local ante a negativa a pagar do home

Axentes da Policía Local de Pontevedra tiveron que acudir na madrugada do domingo a un establecemento de hostalería da rúa Xermán Adrio, ante a denuncia dos seus responsables da presenza alí dun individuo que, logo de tomarse trece cervexas, pretendía abandonar o local abonando só as cinco primeiras.

Os feitos sucederon sobre as 3.30 horas no citado bar do centro da cidade. Foi a encargada do citado establecemento a que deu a voz de alarma ao decatarse das intencións do cliente. Instantes despois chegaron os efectivos da Policía Municipal. Os axentes comprobaron que o individuo presentaba claros síntomas de intoxicación etílica. A pesar diso, o home mantiña que abonara todas as súas consumicións, en contra do que dicía a responsable do establecemento. A Policía Local informou os propietarios que podían reclamar ante a Policía Nacional.

Comentarios

fotoOs comentarios enviados fóra do horario de moderación, serán aprobados ao día seguinte

Serán borrados os comentarios que conteñan insultos e/ou contados inadecuados Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.