Os nenos de Poio converten o parque do Vao nunha obra de arte

O Concello de Poio colabora coa proposta de mestras e alumnos para embelecer a barriada
As tarefas para pintar o muro que delimita o parque se realizan fóra do horario escolar, a pesar de que a idea partiu das mestras e alumnos
photo_camera As tarefas para pintar o muro que delimita o parque se realizan fóra do horario escolar, a pesar de que a idea partiu das mestras e alumnos

Converter o parque da barriada do Vao nun espazo atractivo no que xogar e co que sentirse identificados para poder coidalo e manter á raia o abandono. Ese é o obxectivo dos nenos que estudan na EI deste lugar de Poio, así como dos que residen aquí, pero xa acuden a clase noutros centros como a Escola de Viñas, a Isidora Riestra, ou mesmo A Xunqueira de Pontevedra.

Este luns iniciouse a fase práctica deste proxecto que forma parte da educación dos cativos pero que non aparecerá en ningún dos seus temarios, porque o desenvolveron fóra do horario escolar con axuda das profesoras do centro de O Vao e do Concello. O plan dos nenos e as mestras é pintar un vistoso mural na parede que rodea este parque no que hai columpios e elementos nos que poden xogar a diario.

Preto de 20 nenos de entre cinco e doce anos participaron na primeira xornada de traballos para mellorar a contorna da escola

Para sacar adiante a idea, os nenos deseñaron unha proposta na que puxeron todo o que máis lles gustaba: bolboretas, árbores, prantas, cativos e cativas xogando, e tamén os símbolos da cultura xitana, da que están orgullosos.

Na seguinte fase, o Concello aceptou colaborar coa disposición de material e tamén coa limpeza e adecuación da contonrna antes de que se iniciaran os traballos.

E na fase final, iniciada o luns, e á que coudiu a concelleira de Educación, Marga Caldas, tocou remangarse e darlle cor ao mural. A parte máis divertida según os cativos.

Hoxe continuarán os traballos e pode que, se as temperaturas e a ausencia de choiva o permiten, se remate a creación desta gran obra que engalanará a zona de xogos e tamén a pequena escola infantil pola que pasaron como alumnos todos os nenos nacidos no Vao.

Comentarios