Votacion: 
1 (1 voto)
Sucesos

Ferido un ciclista ao ser atropelado por un turismo en Cangas

Os feitos tiveron lugar na Avenida da Coruña ás 14.40 horas

Un ciclista tivo que ser evacuado en ambulancia logo de ser arroiado por un coche en Cangas. Os feitos tiveron lugar na Avenida da Coruña. Un particular alertaba do ocorrido ao 112 Galicia ás 14.40 horas. Indicaba no seu relato que o ciclista estaba tirado no chan.

Enseguida, desde o  Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia pasábase o aviso a Urxencias Médicas, á Policía Local, aos Bombeiros do Morrazo e a Protección Civil da localidade.