de actualidade
foto Julio Iglesias
 
Votacion: 
No hay votos
Economía 0

O Popular dispárase na Bolsa polo interese do Santander

A entidade repunta un 9,94% e lidera o Ibex 35 este venres ► Segue a preocupación entre os sindicatos que representan aos traballadores galegos

Ibex 35. JAVIER LIZÓN (EFE)

Ibex 35. JAVIER LIZÓN (EFE)

O Banco Popular disparouse este venres na Bolsa española, ao coroarse como o valor do Ibex 35 que máis subiu cun repunte do 9,94%. Segundo os analistas bolsistas consultados por Efe, non existe unha causa concreta para explicar a importante subida do Popular, porque é un valor "con moita volatilidade dada a situación de incerteza" ante o seu futuro, con rumores constantes sobrevoando o mercado sobre a súa previsible fusión.

Con todo, algúns expertos apuntan ao interese do Banco Santander, que daría mandato a Citi para que estude a adquisición da entidade que preside Emilio Saracho, segundo publicou El Confidencial. Tamén El País, en relación co futuro da entidade, informaba este venres de que tanto o Banco Central Europeo como os reguladores españois transmitiron á dirección de Popular que vender sería a alternativa máis adecuada.

PREOCUPACIÓN EN GALICIA. En calquera caso, segue a preocupación entre os sindicatos que representan aos traballadores do Grupo Popular en Galicia, que acusan de "opacidade" ao banco, á vez que consideran que Bankia sería a opción "menos dolorosa a nivel de emprego" de levarse a cabo unha fusión, co obxectivo de evitar duplicidade de oficinas. 

Así o indican, consultados por Europa Press, os representantes da CIG e UXT, Rosa Conde e Javier Castro, respectivamente, quen advirten que o xeito na que está a manexar a información a entidade incrementa a "preocupación e nerviosismo" tanto nos mercados como entre os propios traballadores e os clientes. 

Tras a aplicación do expediente de regulación de emprego (Ere) de 2016, na comunidade galega saíron de Popular máis de 300 persoas, ao redor dun 18% do persoal, segundo fontes sindicais. 

Así as cousas, a 31 de marzo, o persoal está composta por 1.442 traballadores: 1.023 persoas en Pastor (todas elas na rede de oficinas, composta por unhas 200) e 419 en Popular (a maior parte deles en servizos centrais, como a oficina directa, o centro de formalización de préstamos e as direccións territoriais e rexionais). 

Ademais, coa anunciada segregación, os sindicatos entenden que se perderán oficinas das 32 de Popular en Galicia, de modo que o total quedaría –de cumprirse estes prognósticos– nunhas 215.

Comentarios

fotoOs comentarios enviados fóra do horario de moderación, serán aprobados ao día seguinte

Serán borrados os comentarios que conteñan insultos e/ou contados inadecuados Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.