de actualidade
foto Raíña Letizia
 
Votacion: 
No hay votos
Galicia 0

O Supremo rebaixa a condena a Parido e aos seus pais por branqueo

É un dos maiores narcotraficantes de Arousa e foi condenado no seu momento a máis de tres anos de cárcere e 300.000 euros

A Sala do Penal do Tribunal Supremo rebaixado a condena interposta pola Audiencia Nacional ao narcotraficante galego e aos seus pais por branqueo de capitais tras considerar como moi cualificada a atenuante de dilacións indebidas.

Así, o TS condena ao cambandés Juan Carlos Fernández Cores Parido, un dos maiores narcotransportistas de Arousa, a dous anos e seis meses de prisión e ao pago dunha multa de 300.000 euros por branqueo de capitais, a través dunha empresa de transportes que montou en Lugo, procedentes do tráfico ilícito de drogas. Este xa fora condenado a máis de 13 anos de cárcere por liderar unha trama de lancheiros asentada en Vilagarcía. 

Con iso, rebaixa a pena imposta pola Audiencia Nacional, que apreciou as dilacións indebidas como atenuante simple e condenou ao narco a tres anos, tres meses e un día de prisión máis multa. 

A rebaixa da condena tamén afecta os pais do condenado, que pasa de tres anos, tres meses e un día a oito meses de prisión, así como unha multa de 20.000 euros, tamén por un delito de branqueo de capitais procedentes do tráfico ilícito de drogas. 

A Sala conclúe a existencia de dilacións indebidas como circunstancia moi cualificada para a rebaixa da condena, e a que a duración total do procedemento foi de máis de sete anos, cunha paralización duns dous anos da investigación xudicial.  No entanto, impón unha maior pena a Juan Carlos Fernández Cores ao considerar o seu "principal protagonismo" nos feitos, xa que "foi a persoa que accedeu ao diñeiro" procedente de tráfico de drogas e investiuno despois en bens do mercado ilícito, actuando en ocasións como el mesmo e outras por medio dos seus pais. 

En relación aos proxenitores do narco, o TS cre que tiveron unha "menor intervención" nos feitos de branqueo e ten en consideración a súa idade –máis de 70 anos– para imporlles unha pena menor.

Comentarios

fotoOs comentarios enviados fóra do horario de moderación, serán aprobados ao día seguinte

Serán borrados os comentarios que conteñan insultos e/ou contados inadecuados Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.