de actualidade
Manuel Antonio Noriega, exdictador panameño Manuel Noriega
 
Votacion: 
5 (1 voto)
España 0

Puigdemont non acepta o reto de acudir ao Congreso

Responde á proposta de Sáenz de Santamaría que só comparecerá se hai acordo sobre o referendo

Puigdemont, ante a atenta mirada de Junqueras. QUIQUE GARCÍA (EFE)

Puigdemont, ante a atenta mirada de Junqueras. QUIQUE GARCÍA (EFE)

O presidente da Generalitat, Carles Puigdemont, non aceptou o reto que lle formulou a vicepresidenta do Goberno e non acudirá a explicar o seu proxecto ao Congreso dos Deputados. O dirixente catalán ofreceu este venres ao presidente do Executivo, Mariano Rajoy, negociar o referendo e, se hai un "acordo", entón si levará ese pacto ás Cortes e ao Parlament para que estas cámaras avalen ou non o pacto. 

E é que o presidente catalán quere primeiro un acordo sobre a consulta co Goberno central e logo ir ás cámaras lexislativas: "O Govern está disposto a negociar o referendo co Goberno. En caso de chegar a un acordo, os dous gobernos someterano aos respectivos parlamentos", resumiu.

Pero  o Goberno non negociará no Congreso co presidente da Generalitat, Carles Pugdemont, a convocatoria dun referendo en Cataluña e considera que a única vía que ten para conseguir o seu obxectivo é convencer aos grupos parlamentarios de que é necesaria unha reforma da Constitución. A vía do Congreso é a que o Executivo mostrou este venres a Puigdemont por considerar que é o lugar "adecuado" para debater este tipo de asuntos.

Foi a vicepresidenta do Goberno, Soraya Sáenz de Santamaría, quen na conferencia de prensa posterior á reunión do Consello de Ministros puxo voz a unha declaración do Executivo ante os actos que Puigdemont ten previsto celebrar este venres en Barcelona e o luns que vén en Madrid para explicar os seus plans.


O Goberno invita a Puigdemont a que sexa no Congreso onde expoña as súas propostas por ser a "canle democrática". Fontes do Executivo precisaron que, con esa invitación, non se está abrindo a posibilidade dun diálogo coa Generalitat na Cámara baixa para negociar a celebración do referendo.

O que cren oportuno é que sexa no Parlamento nacional onde o presidente da Generalitat expoña o que pretende facer para que os grupos parlamentarios expoñan tamén as súas respectivas posicións.

Para o Goberno, a única posibilidade de que Puigdemont puidese levar adiante a súa proposta de referendo é convencer aos grupos de que é necesario reformar a Constitución, xa que o texto actual non o permite, e levar adiante esa modificación constitucional. Na reunión do Consello, tanto Rajoy como a vicepresidenta e o resto de ministros presentes (todo menos a de Emprego, Fátima Báñez; e Sanidade, Dolors Montserrat) tomaron a palabra para expresar a súa opinión sobre o ofrecemento a Puigdemont. E todos, segundo as mesmas fontes, consideraron oportuno que se expuxese nos termos expostos pola vicepresidenta.

PLAN IBARRETXE. Trátase de deixar patente que só se pode intentar un cambio de modelo cunha proposta concreta que sexa votada, a semellanza do denominado plan Ibarretxe que foi tombado polo Congreso en 2005.

Ademais, o Goberno recalca que non é a primeira vez que mostra á Generalitat a vía do Congreso como o única posible e subliña que xa llo expuxo o propio Rajoy en 2012 ao entón presidente catalán, Artur Mas, cando pretendía lograr un pacto fiscal.

O Goberno non remitiu ningunha carta ou outro tipo de documento a Puigdemont coa proposta que lle realizou, pero deixa entrever que se trata dunha decisión falada tanto co PSOE, como co PSC e Ciudadanos.

Na rolda de prensa e ao ser preguntada por este asunto, Sáenz de Santamaría limitouse a sinalar que o Goberno mantén unha interlocución "constante e fluída" sobre este asunto tanto cos socialistas como co partido de Albert Rivera "ao longo de todo este tempo". 

Comentarios

fotoOs comentarios enviados fóra do horario de moderación, serán aprobados ao día seguinte

Serán borrados os comentarios que conteñan insultos e/ou contados inadecuados Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.