Votacion: 
3 (2 votos)
Sociedade | España 0

O PP pagou con diñeiro negro un concerto de Azúcar Moreno nun mitin de 2007

Actuaron nunha xunta na que participaron Mariano Rajoy e Esperanza Aguirre, entre outros

Azúcar Moreno.

Azúcar Moreno.

A investigación da operación Púnica salpica a Encarna e Toñi Salazar, o Azúcar Moreno, segundo informa El Español. As artistas actuaron, xunto a Iguana Tango, no final da campaña das eleccións madrileñas de 2007, no que intervenieron Mariano Rajoy, Esperanza Aguirre ou Alberto Ruiz-Gallardón. 

Nos correos que intercambiaron a empresa contratante, Waiter Music, o anterior xerente do PP de Madrid, Beltrán Gutiérrez, e o actual, Guillermo Mayoral, fálase de facturas moi inferiores ás que custou o concerto en realidade. A investigación apunta que a contía restante púidose pagar a través doutras canles como as propias arcas públicas a través dos concellos de Pinto e Valdemoro.

Comentarios

fotoOs comentarios enviados fóra do horario de moderación, serán aprobados ao día seguinte

Serán borrados os comentarios que conteñan insultos e/ou contados inadecuados Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.