de actualidade
Manuel Antonio Noriega, exdictador panameño Manuel Noriega
 
Votacion: 
No hay votos
Deporte General 0

A Axencia Tributaria ultima unha denuncia contra Cristiano por fraude fiscal

Fontes próximas ao futbolista, que hai só uns días lle recriminou aos xogadores do Celta que cobrasen primars, sosteñen que non "houbo ánimo de defraudar"

Cristiano Ronaldo, durante un adestramento deste ano. CHEMA MOYA (EFE)

Cristiano Ronaldo, durante un adestramento deste ano. CHEMA MOYA (EFE)

A Axencia Tributaria ultima unha denuncia contra Cristiano Ronaldo por desviar ingresos polos seus dereitos de imaxe a paraísos fiscais. Segundo informa El Confidencial, o expediente será presentado á Fiscalía de Delitos Económicos de Madrid con urxencia, pois o suposto delito correspondente co exercicio fiscal do ano 2011 prescribe este 30 de xuño.

O caso, destapado por Footballleaks e do que no seu día informou El Mundo, aseméllase a outros nos que se viron involucrados futbolistas da carteira do axente portugués Jorge Mendes, tamén representante de Cristiano Ronaldo. O modus operandi sería similar ao xa denunciado en relación con Falcao, Coentrao, Di María e Ricardo Carvalho. 

As informacións publicadas no seu día apuntaban a que o crack luso desviaría 150 millóns dos seus dereitos de imaxe a traves de sociedades irlandesas. El Confidencial cita este venres unha fonte da axencia do futbolista que afirma que Facenda ten "criterios diferentes" en relación á Lei Beckham. Por iso, sostén, Cristiano Ronaldo só estaría obrigado a pagar polos ingresos que xeraba en España e non a nivel global. E que, xa que logo, "non houbo ánimo de defraudar".

A campaña da Axencia Tributaria contra futbolistas por fraude fiscal xa levou a ser acusados a Messi, Mascherano, Alexis Sánchez, Eto'o e Adriano, todos na órbita do Barcelona.

Comentarios

fotoOs comentarios enviados fóra do horario de moderación, serán aprobados ao día seguinte

Serán borrados os comentarios que conteñan insultos e/ou contados inadecuados Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.