Votacion: 
5 (1 voto)
1

Renuncia de Fernández Albor a ser conselleiro nato no Consultivo de Galicia

O cesamento voluntario prodúcese por "razóns estritamente persoais" do expresidente da Xunta, de 99 anos

Gerardo Fernández Albor. PEPE FERRÍN

Gerardo Fernández Albor. PEPE FERRÍN

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres a renuncia do expresidente da Xunta Gerardo Fernández Albor á súa condición de conselleiro nato do Consello Consultivo de Galicia. O acordo recolle que o cesamento se produce por "razóns estritamente persoais" e que foi aceptado mediante resolución do presidente do órgano consultivo, José Luis Costa Pillado.

A piques de cumprir cen anos -naceu na capital galega en setembro de 1917-, Fernández Albor, quen estivo á fronte do Goberno galego desde 1982 ata a moción de censura de 1987, ingresou no Consultivo no ano 2007, tras a súa reforma lexislativa, que regula o funcionamento da institución e o status dos exmandatarios.

Nos últimos anos, o expresidente rebaixou a súa presenza en actividades públicas debido a un empeoramento paulatino da súa saúde, aínda que aínda participou nalgún acto de partido e de campaña para apoiar ao líder do PP galego e presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

Feijóo ratifica, precisamente, no acordo que publica o DOG este venres, o seu cesamento no Consultivo e agradécelle "os servizos prestados" e a súa contribución "ao bo funcionamento" desta institución.

PREGUNTA DE EN MAREA . Na mesma xornada na que se certifica a renuncia de Albor no DOG, a orde do día da Comisión Institucional do Parlamento incorpora unha pregunta de En Marea referida á actividade desenvolvida polo Consuultivo entre 2014 e 2016, e á participación na mesma "dun dos seus membros".

Entre as preguntas da iniciativa da formación rupturista rexistrada na Cámara autonómica, facíase referencia á actividade e retribucións percibidas polo mandatario nos últimos anos ligadas á presenza nesta institución.

Comentarios

fotoOs comentarios enviados fóra do horario de moderación, serán aprobados ao día seguinte

Serán borrados os comentarios que conteñan insultos e/ou contados inadecuados Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.

imagen de usuario
Gonzaga venres 19 de maio de 2017, 23:32
1

Mientras a otros se les da una pensión como limosna a otros (siempre del PP) un cargo un puesto, un sueldo e compensación. La indecencia sin límite. Jubilado a los 70, y 30 más cobrando de bóbilis. ¿Se extrañan que en marea pregunte? No debería parar de reclamar ...