de actualidade
foto Julio Iglesias
 
Votacion: 
No hay votos
Deporte General 1

Aspas volve á selección

O dianteiro do Celta, ao que Competición retira o segundo cartón, está a realizar unha excelente campaña e é o máximo goleador nacional da liga

Iago Aspas. AEP

Iago Aspas. AEP

Logo de ser expulsado ante o Real Madrid, Iago Aspas ten este venres un dobre motivo para volver sorrir. Por unha banda porque Competición retiroulle o segundo cartón e poderá xogar o último partido de Liga. E por outro porque segue contando coa confianza de Julen Lopetegui e estará nos dous próximos encontros da selección.

Os mozos Kepa Arrizabalaga (Athletic) e Marco Asensio (Real Madrid)  figuran na lista de 25 convocados por Julen Lopetegui, seleccionador nacional, para os partidos contra Colombia en Murcia e Macedonia en Skopje.

Lopetegui non introduciu apenas novidades na relación de xogadores citados para medirse ao cadro colombiano en partido amigable o 7 de xuño na Nova Condomina e o 11 ao macedonio en Skopje en partido de clasificación para o Mundial de Rusia 2018.

Convocados:
- Porteiros: Kepa Arrizabalaga (Athletic), David De Gea (Manchester United/ING), Pepe Reina (Nápoles/ITA).
- Defensas: Jordi Alba, Gerard Piqué, Sergi Roberto (Barcelona), César Azpilicueta (Chelsea/ING), Dani Carvajal, Nacho Fernández, Sergio Ramos (Real Madrid), Nacho Monreal (Arsenal/ING).
- Medios: Asier Illarramendi (Real Sociedade), Sergio Busquets, Andrés Iniesta (Barcelona), Koke Resurrección (Atlético de Madrid), Thiago Alcántara (Bayern Múnic/GER), Isco Alarcón, Marco Asensio (Real Madrid).
- Dianteiros: Pedro Rodríguez, Diego Costa (Chelsea/ING), Víctor Machín 'Vitolo' (Sevilla), David Silva (Manchester City/ING), Álvaro Morata (Real Madrid), Gerard Deulofeu (Milan/ITA) e Iago Aspas (Celta).

Comentarios

fotoOs comentarios enviados fóra do horario de moderación, serán aprobados ao día seguinte

Serán borrados os comentarios que conteñan insultos e/ou contados inadecuados Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.

imagen de usuario
ondiñas veñen e van... venres 19 de maio de 2017, 23:05
1

si se le quita la tarjeta es que tenía razón y el resultado está adulterado como sieempre. Que vergüenza adquirir títulos de este modo. Así , así, así....