Votacion: 
5 (1 voto)
Sociedade | Gente 0

Morre repentinamente Chris Cornell, aos 52 anos

Descoñécense as causas do falecemento, que se produciu en plena xira con 'Soundgarden'

Chris Cornell, en 2007. AEP

Chris Cornell, en 2007. AEP

O cantante estadounidense Chris Cornell, vocalista dos grupos Soundgarden e Audioslave, morreu onte á noite aos 52 anos na cidade de Detroit por causas que se descoñecen, informaron este xoves medios locais.

O tamén vocalista de Temple of the Dog atopábase en Detroit actuando con Soundgarden , con quen se embarcou nunha xira por Estados Unidos que comezou o pasado mes de abril, precisou a CNN, que cita un comunicado do seu representante, Briam Bumbery.

Segundo sinalou Bumbery á cadea estadounidense, o falecemento do cantante foi "repentino e inesperado".

"A súa esposa Vicky e a súa familia sorprendéronse ao decatarse do seu falecemento repentino e inesperado e traballarán estreitamente co médico forense para determinar a causa" da muerte, dixo Bumbery na nota.

A familia e o manager do falecido agradecen a "os seus seguidores, o continuo amor e a lealdade" que mostraron ao artista e pídenlles "que a súa privacidade se respectada neste momento".

O músico de rock alternativo e hard rock, gañador dun Grammy, actuara o pasado mércores no Fox Theatre de Detroit, no estado de Michigan.

Cornell naceu en Seattle, no estado de Washington, fai 52 anos e comezou no mundo da música con 7 anos cando se afeccionou a tocar o piano.

A súa carreira musical, dentro da escena do rock, iniciouse en Seattle ao formar a banda Soundgarden en 1984, que xogou un papel importante no movemento "grunge" dos anos noventa, segundo medios locais.

O grupo disolveuse en 1997 e en 2001 Cornell uniuse a tres ex membros de Rage Against the Machine para formar Audioslave.

O artista tamén cantou o tema da película de James Bond Casino Royale.

Comentarios

fotoOs comentarios enviados fóra do horario de moderación, serán aprobados ao día seguinte

Serán borrados os comentarios que conteñan insultos e/ou contados inadecuados Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.