Un ximnasio de Viveiro pon de moda o 'muiñeijumping'

Un vídeo que circula polas redes sociais mostra a coreografía dunhas usuarias da Sala 5 Fitness-Benestar de Covas a ritmo da 'Sementeira', de Fuxan os Ventos

A Sala 5 Fitness-Benestar de Covas, Viveiro, xa é coñecida en toda Galicia grazas a un vídeo que circula polas redes sociais no que un grupo de usuarias do ximnasio márcase unha coreografía de 'jumping' a ritmo da Sementeira, de Fuxan os Ventos.

"Nunca pensamos que iba ter esa repercusión porque o fixemos sen ningunha pretensión", explicou en declaracións a Galicia por Diante Betty Peña Navarro, unha das protagonistas do vídeo. 

"Pasamos un rato moi agradable. É desconectar, sacar tensións. Invito a todo o mundo a que probe", declarou.

Comentarios