Votacion: 
5 (1 voto)
Mundo | Economía 1

Bruxelas multa con 110 millóns a Facebook por dar datos "enganosos" na compra de Whatsapp

"A decisión de hoxe manda un claro sinal ás empresas sobre que deben cumprir con todos os aspectos das normas de fusións da UE", sinalou nun comunicado

Fotografía de archivo que muestra el icono de la aplicación Facebook en un móvil. AEP

Fotografía de archivo que muestra el icono de la aplicación Facebook en un móvil. AEP

A Comisión Europea (CE) anunciou este xoves a imposición dunha multa de 110 millóns de euros a Facebook por proporcionar información "incorrecta ou enganosa" durante a investigación que abriu en 2014 á adquisición da aplicación móbil de mensaxería WhatsApp por parte da rede social.

"A decisión de hoxe manda un claro sinal ás empresas sobre que deben cumprir con todos os aspectos das normas de fusións da UE, incluíndo a obrigación de proporcionar información correcta. Impón unha multa proporcionada e disuasoria a Facebook", sinalou nun comunicado a comisaria europea de Competencia, Margrethe Vestager. 

Comentarios

fotoOs comentarios enviados fóra do horario de moderación, serán aprobados ao día seguinte

Serán borrados os comentarios que conteñan insultos e/ou contados inadecuados Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.

imagen de usuario
Secrerecusadora xoves 18 de maio de 2017, 13:17
1

Oes, teño o tuiter eskanjallau...