PDF

Ver a portada de hoxe

de actualidade
foto Quique Setién
 
Votacion: 
No hay votos
Sucesos | Pontevedra

Denunciado por exhibir os xenitais e o condutor dá positivo en cocaína e alcol

Os tres mozos ocupantes do vehículo sementaron o caos na contorna da urbanización de Valedecorvos

A inusual estampa foi durante todo o día o díxomedíxome na Xefatura da Policía Local. De feito, os axentes que protagonizaron a intervención aínda se sorrín ao recordar tan bochornosa actitude.

Todo ocorreu sobre as 12.30 horas deste mércores. Varios cidadáns alertaron ao 092 de que había un coche ocupado por varios mozos que estaba a realizar unha condución temeraria pola contorna de Valdecorvos. Ademais, un deles tiña unha actitude obscena cara aos peóns e os condutores cos que se cruzaba.

Unha patrulla que se atopaba preto da zona acudiuse aos poucos instantes e puido comprobar, de primeira man, como o turismo circulaba a unha velocidade inadecuada mentres o acompañante do condutor exhibía os seus xenitais polo portelo.

Ante semellante actitude, déuselle o alto ao vehículo e, ante os evidentes síntomas que presentaba o condutor, sometéuselle á proba de detección  de alcol e drogas. Ambas deron positivas: a primeira, de 0,60 miligramos por litro e a segunda por cocaína. Por este motivo, o raparigo, de 20 anos, foi denunciado por un presunto delito de condución dun vehículo a motor baixo a influencia de drogas tóxicas e de bebidas alcohólicas.

O seu exhibicionista amigo, de 30 anos, tampouco se foi de rositas, pois foi denunciado por provocar a distracción doutros condutores, unha infracción recollida no Regulamento de Circulación.

Pero non eran os únicos que tiñan un comportamento nada discreto. Os axentes comprobaron que un terceiro ocupante do coche, que viaxaba na parte de atrás, estaba espido de cintura para abaixo, pero non tramitaron ningunha denuncia contra el porque, no momento de ser interceptado, non estaba a cometer ningunha irregularidade.

A actitude dos tres mozos, unido aos positivos por alcol e cocaína, invitan a pensar que aos tres mozos fíxoselles curta a noite e que, minutos despois do mediodía, aínda tiñan ganas de esmorga. A próxima vez, seguramente, pensaranllo dúas veces antes de chamar a atención dunha forma tan erótica.