Votacion: 
No hay votos
Pontevedra 0

Xoves case invernal en Pontevedra: volven o frío e a choiva

As temperaturas mínimas esborrallaranse desde os 17 graos deste mércores a case metade

Granizada en Monte Porreiro. DP

Granizada en Monte Porreiro. DP

Este xoves será imprescindible acordarse do paraugas e recuperar o chuvasqueiro. Tras un mércores de temperaturas agradables en toda Galicia —con mínimas de 15 graos en cidades como Lugo ou A Coruña e máximas de ata 25 graos en Ourense ou 21 en Pontevedra—, a chegada dunha masa de aire frío marcará unha xornada case invernal na que tamén regresará a choiva, con chuvascos esporádicos pola mañá que se estenderán a toda a comunidade pola tarde. É probable, de feito, que volva caer graínzo, despois de que a semana pasada este fenómeno castigase con especial virulencia á provincia de Lugo.

A sensación de frío será xeral nas catro provincias polo descenso notable das temperaturas, que continuará tamén o venres, aínda que se espera un incremento das máximas xa para o sábado. Segundo as previsións de Meteogalicia, co inicio do fin de semana os termómetros volverán exceder os vinte graos nalgunhas cidades, alcanzando os 26 en Ourense, 23 en Pontevedra e os 21 en Lugo ou Compostela. 

Ademais, as precipitacións tamén darán unha tregua na fin de semana. Tras a xornada chuviosa deste xoves, o venres os chuvascos irán remitindo co paso das horas ata converterse en esporádicos durante a tarde (con temperaturas mínimas de cinco graos en Ourense ou Lugo e de sete en Pontevedra). E o sabado volverá brillar o sol.

Comentarios

fotoOs comentarios enviados fóra do horario de moderación, serán aprobados ao día seguinte

Serán borrados os comentarios que conteñan insultos e/ou contados inadecuados Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.