PDF

Ver a portada de hoxe

de actualidade
foto Quique Setién
 
Votacion: 
5 (1 voto)
Sucesos | Galicia

Reaberta a A-6 tras un choque múltiple en Pedrafita

Dous camións e unha furgoneta víronse implicados no sinistro, que deixa un ferido

Un home de 65 anos resultou ferido nun accidente rexistrado no quilómetro 416 da A-6, á altura da localidade de Trabadelo (León), que mantivo cortada varias horas a autovía en dirección a Galicia, preto de Pedrafita, dado que a carga dun camión esparciuse pola vía.

Segundo informou o Servizo de Urxencias, o 112 recibiu unha chamada ás 5:10 horas informando dunha colisión no que se viron involucrados dous camións e unha furgoneta, a consecuencia da cal resultara ferida unha persoa, que ademais permanecía atrapada no interior do seu vehículo.

O accidente produciuse cando un camión parou para auxiliar a unha furgoneta parada na beiravía debida a unha avaría, momento no que outro camión chocou co primeiro e este á súa vez coa furgoneta avariada, resultado ferido o condutor do camión causante do accidente.

Tras o aviso o 112 informou o accidente á Garda Civil (Tráfico) de León, aos Bombeiros de Ponferrada e a Urxencias Sanitarias-Sacyl, que enviou unha ambulancia de soporte vital básico.

No lugar dos feitos os sanitarios atenderon á persoa ferida, un home de 65 anos, a quen se trasladou posteriormente ao Hospital do Bierzo de Ponferrada (León).

A Subdelegación do Goberno informou de que a autovía permanece cortada ao tráfico entre o quilómetro 406 e 416 en dirección á Coruña xa que durante toda a mañá producirase o transvasamento da mercancía dos camións accidentados a outros vehículos.