Votacion: 
No hay votos
Pontevedra 4

Cazado cando finxía unha coxeira para estacionar nun lugar reservado a persoas con discapacidade

O individuo utilizaba una tarxeta de aparcamento que pertencía a unha muller

Praza reservada a persoas con discapacidade. RAFA FARIÑA (ADP)

Praza reservada a persoas con discapacidade. RAFA FARIÑA (ADP)

Axentes da Policía Local de Pontevedra pillaron a un home que se facía pasar por coxo para estacionar nun lugar reservado a persoas con discapacidade.

Os funcionarios municipais interceptaron a un individuo na praza de Galicia tras asegurarse do seu "estraño proceder", logo de velo estacionar no citado lugar limitado e "empezar a coxear ostensiblemente en canto se decata da presenza dos axentes". Os policías, ante as sospeitas que lles infundiu a súa actitude, decidiron seguirlo a Raíña Vitoria, onde comprobaron que, nun momento dado, o individuo comezaba a correr sen ningún tipo de coxeira.

Tras comprobar que o sospeitoso entraba nun videoclub, os policías iniciaron as pescudas para asegurarse da autenticidade da tarxeta que lucía no seu vehículo. O documento, procedente do concello de Cangas, pertencía a unha muller. Por todo iso, o home foi denunciado e a tarxeta intervida.

Comentarios

fotoOs comentarios enviados fóra do horario de moderación, serán aprobados ao día seguinte

Serán borrados os comentarios que conteñan insultos e/ou contados inadecuados Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.

imagen de usuario
ABEL SAAVEDRA martes 21 de marzo de 2017, 20:37
4

Y Pedro Picapiedra

imagen de usuario
qwerty martes 21 de marzo de 2017, 09:24
3

Rinconete y Cortadillo.

imagen de usuario
Nikolak martes 21 de marzo de 2017, 09:06
2

El mal ejemplo de los politicos en este caso la concejala del C´s, ha sentado catedrá y todos se creen que son de la misma condición. Hay otro igual en la calle Fernando II, que la utiliza como aparcamiento 24 horas, sin que la mayoria de las veces suba o baje algun discapacitado.

imagen de usuario
ABEL SAAVEDRA luns 20 de marzo de 2017, 20:31
1

Se vé que la de Ciudadanos de Pontevedra sembró Escuela.