PDF

Ver a portada de hoxe

de actualidade
foto Quique Setién
 
Votacion: 
No hay votos
Deporte General 0

Morre de forma repentina aos 27 anos o futbolista Ryan McBride, capitán do Derry City

Faleceu o domingo na súa casa por causas aínda descoñecidas ► O club, da primeira división irlandesa, e o mundo do fútbol reaccionou con estupor ante a súa inesperada defunción

O futbolista Ryan McBride, capitán do equipo Derry City. TWITTER

O futbolista Ryan McBride, capitán do equipo Derry City. TWITTER

O futbolista Ryan McBride, capitán do equipo Derry City, da primeira división irlandesa, faleceu o domingo por causas descoñecidas na súa casa aos 27 anos, segundo informou este luns o club. "Ryan era un xogador e un gran capitán, pero sobre todo era un amigo e un compañeiro. Estamos profundamente conmocionados e botaremos de menos o seu liderado e inspiración", reza un comunicado emitido polo principal club da cidade norirlandesa de Derry, ao noroeste do Ulster.

O Derry City milita na primeira división da liga irlandesa, que acolle a equipos de Irlanda do Norte e da República de Irlanda, cuxa Federación tamén se declarou moi entristecida pola noticia.

McBride disputou o seu último encontro do campionato nacional SSE Airtricity Premier League o sábado ante o Drogheda United e contribuíu decisivamente na vitoria do seu equipo no estadio Brandywell de Derry, unha zona da cidade de maioría católica-nacionalista. Poucas horas despois, o seu corpo foi atopado sen vida na súa casa, próxima ao campo de fútbol, e, de momento, descoñécense as causas do falecemento.

O defensa e capitán do Derry recibiu este luns a homenaxe de personalidades do mundo do fútbol, como os exxogadores do Livepool Robbie Fowler e Stan Collymore, así como de voces doutros ámbitos sociais. 

O presidente de República de Irlanda, Michael D. Higgins, enviou as súas condolencias á familia e parella de McBride, mentres que a exministra principal norirlandesa e líder do unionismo probritánico en Irlanda do Norte, Arlene Foster, enxalzou o seu "talento" como futbolista.

Desde a súa chegada ao Derry City en 2011, o defensa converteuse nun dos xogadores preferidos pola afección, que recorda agora o seu compromiso durante os seus máis de cen partidos disputados coa camiseta branquivermella. "Son os momentos así os que nos recordan que o noso club é tamén unha comunidade de persoas. Como no pasado, a comunidade unirase para consolar e apoiar á familia de Ryan", destacou o club no comunicado.

A Federación irlandesa renderá unha homenaxe ao xogador durante o partido que a selección nacional disputará o vindeiro venres en Dublín ante Gales, clasificatorio para o Mundial de Rusia 2018, informou o seu director executivo, John Delaney.

Comentarios

fotoOs comentarios enviados fóra do horario de moderación, serán aprobados ao día seguinte

Serán borrados os comentarios que conteñan insultos e/ou contados inadecuados Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.