IMPORTANTE

Lanzan artefactos incendiarios contra a residencia oficial de Feijóo

de actualidade
Marcelo Marcelo
 
Votacion: 
No hay votos
Pontevedra 1

Lores, conforme coa proposta de Feijóo para que o Provincial acolla unha residencia de maiores

O portavoz de Marea, Luís Rei, admitiu que son necesarias máis prazas públicas de centros xeriátricos na comarca de Pontevedra, pero entende que "non é o emprazamento adecuado"

Entrada principal del Hospital Provincial. BEATRIZ CÍSCAR

Entrada principal del Hospital Provincial. BEATRIZ CÍSCAR

A corporación municipal de Pontevedra avala a posibilidade de que o Sergas destine nun futuro parte do Hospital Provincial a residencia de maiores, tal e como anunciou o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo.

Os votos de BNG, Partido Popular e Ciudadanos rexeitaron a moción presentada polo grupo de Marea Pontevedra –apoiada polo Partido Socialista– para que, tras a ampliación do Hospital Montecelo, o Provincial tivese un "uso exclusivamente sanitario". O portavoz de Marea, Luís Rei, admitiu que son necesarias máis prazas públicas de centros xeriátricos na comarca de Pontevedra, pero entende que "non é o emprazamento adecuado o hospital". Así, propón como "solución rápida" recuperar o antigo asilo que tiña 160 prazas, 40 máis que as que estiman tería o Provincial.

Ademais, Rei recomendou á corporación, que "non faría ben despreocupándose do hospital", polo que reiterou a importancia de que este manteña o seu carácter público e un destino "exclusivamente" sanitario, coordinado co hospital de Montecelo.

Fronte a estes argumentos a tenente de alcalde e portavoz do BNG, Carme da Silva intentou sen éxito introducir unha emenda para que a moción incluíse eses usos sociosanitarios, defendendo igualmente o carácter "público" do Provincial. Así mesmo, Da Silva remarca que a formación nacionalista non apoia unha "limitación" que podería ser "perigosa" como pasou en Santiago, onde no antigo hospital de Galeras permitiranse usos residenciais, hostaleiros ou comerciais.

O portavoz do grupo municipal do Partido Popular, Jacobo Moreira, opúxose a esta limitación de usos porque o hospital é un edificio "grande" que pode "acoller" á nova residencia e ao mesmo tempo acoller servizos sanitarios. Será en todo caso, indica, o plan funcional que se está redactando o que determine o destino do inmoble.

Finalmente, C's reclama que se permitan os usos sociosanitarios e que, en todo caso, esa decisión "non sexa política" e que sexan os técnicos do Sergas e a profesionais da área sanitaria quen "prioricen" os usos que consideren "convenientes".

Comentarios

fotoOs comentarios enviados fóra do horario de moderación, serán aprobados ao día seguinte

Serán borrados os comentarios que conteñan insultos e/ou contados inadecuados Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.

imagen de usuario
ABEL SAAVEDRA luns 20 de marzo de 2017, 19:56
1

El Sr. Rey tendria que explicar por qué ese céntrico emplazamiento no es el adecuado y quiere que lo pongan en la misma zona a 200 metros que tengo entendido es una propiedad privada y que habria que comprar por que si no cuando le salga del moño a las monjas lo vuelvan a cerrar.