PDF

Ver a portada de hoxe

de actualidade
Ángel Correa Ángel Correa
 
Votacion: 
No hay votos
2

Noriega, sobre a pelexa na asemblea de Anova: "Foi lamentable"

O alcalde de Santiago, que foi un dos que mediou para separar, asegura que os implicados xa non forman parte da formación

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, censurou este luns o "lamentable" incidente ocorrido na Asemblea de Anova, que desembocou nunha pequena liorta protagonizada por varias persoas que, por mor destes feitos, deixaron de formar parte desta formación política.

A III Asemblea de Anova, celebrada o pasado sábado viuse embazada por un tenso momento durante unha intervención na que o histórico político Xosé Manuel Beiras defendía a súa traxectoria nacionalista pero pedía un aperturismo da formación, o que xerou críticas un sector do público, chegándose incluso ás mans entre algúns membros que tiveron que ser separados por outros asistentes.

O colectivo Xeira, a organización galega da mocidade da FPG, implicada neste encontrón, que acabou en patadas e empuxóns, pediu desculpas polo sucedido e anunciou o cesamento aos militantes implicados na pequena liorta. Para Noriega, coportavoz saínte da organización, tratáronse de "incidentes lamentables" que, con todo, non reflicten o que foi unha asemblea absolutamente tranquila.

O alcalde de Santiago e un dos referentes de Anova, foi unha das persoas que mediou para separar a pelexa e tranquilizar os ánimos, sinalou que a pelexa foi unha "cuestión puntual", pero que non se pode dar nin se pode tolerar.

Ademais, incidiu, a disputa é contraditoria co ton do proceso asembleario no que houbo un debate sosegado sobre os textos políticos, e á que ademais se presentou unha lista única para renovar a dirección e que recibiu máis do 80% do apoio. "Esa é a única valoración que teño, aínda que evidentemente non me agradou a min nin aos homes e mulleres que alí estaban", dixo.

Con todo, asegurou que lle consta que as persoas implicadas no suceso "xa non forman parte da organización", aínda que deberá de ser a nova dirección de Anova quen se ocupe diso, despois de que Martiño Noriega dese un paso atrás no seu papel na organización nacionalista, pasando a ser "reservista" como el mesmo se definiu.

Así as cousas, o rexedor compostelán foi a segunda persoa que máis respaldo das bases recibiu, só despois de Beiras, para formar parte da coordinadora do partido nacionalista. "Anova fará o que teña que facer e contará co meu apoio", concluíu en declaracións aos medios tras un acto en Santiago.

Comentarios

fotoOs comentarios enviados fóra do horario de moderación, serán aprobados ao día seguinte

Serán borrados os comentarios que conteñan insultos e/ou contados inadecuados Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.

imagen de usuario
khunfu luns 20 de marzo de 2017, 20:21
2

#1 Vaia pelexa de taberna destes demócratas,eso ide traballar ,collede a fouce e deixade de facer o mamon

imagen de usuario
Eva luns 20 de marzo de 2017, 14:38
1

Estos son los podemitas... este es el concepto de "democracia" que les gusta... y la pancarta... ide traballai.......