IMPORTANTE

Lanzan artefactos incendiarios contra a residencia oficial de Feijóo

de actualidade
Marcelo Marcelo
 
Votacion: 
1 (2 votos)
Deporte General 0

Arribas sobre Aspas: "Se a un xogador o odian nun sitio será por algo"

Alejandro Arribas. AEP

Alejandro Arribas. AEP

Alejandro Arribas, central do Deportivo, referiuse este luns á celebración de Iago Aspas, co que compartiu vestiario no Sevilla, no gol que decidiu o derbi galego deste domingo no estadio de Riazor (0-1) e afirmou que "se a un xogador o odian nun sitio será por algo".

Tras bater a Germán Lux ao rematar na área un centro de Beauvue desde a banda dereita, o xogador do Celta celebrou o gol diante do fondo que ocupan os Riazor Blues sinalando o escudo do seu equipo. "Non vin a celebración no momento e eu estaba molesto porque nos meteron gol. Cada un que o celebre como queira, alá el. Se a un xogador o odian nun sitio será por algo. Aspas e o Dépor non teñen moito en común, entón nin a un nin a outro lle fará graza o que lle pasa ao contrario. Isto é fútbol e ás veces tócache vivilo en contra e outras veces a favor", indicou Arribas.

En rolda de prensa, o central asegurou que o derbi era "un partido para un empate, cunha ocasión para cada equipo", un man a man de Celso Borges con Sergio Álvarez no arranque do segundo período e a que rematou Aspas cando o partido entraba na recta final. "Foi unha pena non poder brindarlle un punto á afección, porque foi un partido para empate, un partido pechado, cunha ocasión para eles e outra para nós. A máis clara foi a nosa, pero eles metérona e nós non acertamos. Foi un partido moi físico. O equipo intentou ir cara arriba, pero non en todos os partidos se consegue esa brillantez", comentou.

A pesar de perder os dous partidos oficiais ante o Celta esta tempada e un amigable no verán, Arribas indicou que o equipo vigués non é tan superior ao Deportivo como reflicten os resultados. "Nós viñamos bastante mellor que eles en LaLiga, pero o ano pasado tocounos a nós gañar os dous partidos e este ano tocoulles a eles. Na primeira volta (4-1) foron superiores, pero este domingo non, tivemos unha ocasión cada equipo e era un partido de empate", incidiu.

Arribas advertiu de que "nin moito menos" a derrota debe afectar ao Deportivo porque o equipo "estivo ben" e "a dinámica segue sendo boa". "Estamos a tres partidos do descenso (seis puntos máis o golaverage co Sporting) e á volta veñen tres partidos seguidos e aí veremos se conseguimos saír ou temos que seguir pelexando por non baixar", declarou.

Con todo, admitiu que a afección "está doída porque era un partido especial para todos, para a afección, para o club". "Se gañabamos puñámonos a catro partidos da zona de descenso e case cun pé e medio salvados, pero tampouco ninguén confiaba contra o Barça e sacámolo. Este equipo sempre pelexa todos os partidos e ten opcións", concluíu.

Comentarios

fotoOs comentarios enviados fóra do horario de moderación, serán aprobados ao día seguinte

Serán borrados os comentarios que conteñan insultos e/ou contados inadecuados Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.