PDF

Ver a portada de hoxe

de actualidade
Jonathan Demme Jonathan Demme
 
Votacion: 
1 (1 voto)
Sucesos

Mata a tiros a un home e unha muller nun pub de Alcorcón

A Policía busca ao autor dos disparos, que era coñecido dos falecidos

A Policía está a buscar a un home que pouco antes das seis da mañá deste domingo entrou nun pub da localidade madrileña de Alcorcón e disparou de socato ao camareiro que estaba detrás da barra e a unha muller que tamén se atopaba no local, onde faleceron.

Fontes da Xefatura Superior de Policía de Madrid e de Urxencias Comunidade de Madrid 112 avanzaron a Efe este suceso que tivo lugar na rúa Pozas, á altura do número 8, desta localidade, cando un home, ao parecer ao que coñecían os falecidos e persoas que se atopaban no pub, protagonizou un tiroteo que se saldou con dous falecidos e un ferido.

O falecido, de mediana idade, tiña varios disparos na cabeza, segundo constataron os sanitarios que se trasladaron á zona. A muller foi disparada no hemitórax dereito e tamén faleceu, a pesar de que os facultativos lle estiveron practicando exercicios de reanimación durante máis de media hora.

O ferido, que ten 43 anos, é ao parecer, segundo fontes da Policía, parella sentimental da muller falecida. Foi disparado na coxa esquerda e trasladado con prognóstico reservado por Protección Civil de Alcorcón á Fundación Alcorcón. Tras os feitos, o presunto criminal deuse á fuga. Os axentes do Grupo de Homicidios fixéronse cargo da investigación.