DESTACADO

Falece atropelada unha veciña de Prado (Lalín)

de actualidade
O actor de orixe coruñesa Mario Casas Mario Casas
 
Votacion: 
No hay votos
Economía 0

Bioga lanza a Plataforma de Necesidades Compartidas e pon en marcha un Observatorio Salarial

Pampín invita o sector bio a "engadir ofertas ou demandar necesidades" a través da ferramenta que tamén está aberta a empresas non socias

O Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (Bioga), que preside Carme Pampín, lanzou a través da súa páxina web (www.bioga.org) unha Plataforma de Necesidades Compartidas e pon en marcha un Observatorio Salarial. A primeira iniciativa, impulsada con apoio da Axencia Galega de Innovación (GAIN), "pretende pór a disposición do sector bio un espazo desde o que compartir necesidades", segundo informa a entidade.

"Aquí pódense atopar demandas e ofertas de servizos propostas por entidades biotech galegas coas que interactuar en caso de interese", explicou Carme Pampín. "É unha plataforma de colaboración bio", segundo engade a presidenta de Bioga, quen apunta que "axuda a intercambiar información, a compartir inquedanzas, a pór os nosos coñecementos a disposición dun sector moi dinámico e que, cada vez máis, necesita servizos especializados de calidade".

Carme Pampín invita o sector a "engadir ofertas ou demandar necesidades" a través da ferramenta que tamén está aberta a empresas non socias de Bioga. "É un espazo para visibilizar capacidades e agrupar necesidades", segundo apostila.

A Plataforma de Necesidades Compartidas foi presentada na última asemblea de socios de Bioga, que actualmente conta con 59 membros, celebrada hai uns días en Santiago de Compostela.

DIRECTIVA. Ademais, nesa reunión foi aprobada a ampliación da xunta directiva do Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida, que incorpora a Daniel Fernández Mosquera, director xerente de Qubiotech Health Intelligence. O equipo directivo de Bioga, presidido por Carme Pampín (GalChimia), complétano outras tres persoas: Tatiana López (Nanogap), José Manuel Santamaría (Oncostellae) e Luís Sánchez (Lonza).

A presidenta de Bioga, que anunciou a incorporación de trece novos socios a entidade no último ano, o que representa un crecemento en 2016 de case o 30 por cento en número de socios, comunicou a posta en marcha do Observatorio Salarial do Sector Biotech. Esta ferramenta serve "para informar sobre a situación actual dos salarios, as prácticas retributivas e as políticas salariais do mercado laboral no que actúan as empresas de Bioga".

Carme Pampín sinalou, así mesmo, que o observatorio axuda a comparar soldos en función de variables como o sector, a comunidade autónoma ou o tamaño da empresa. "Así teremos información fiable que podemos utilizar e trasladar ás nosas empresas sobre prácticas retributivas e políticas salariais do sector", abundou.

Comentarios

fotoOs comentarios enviados fóra do horario de moderación, serán aprobados ao día seguinte

Serán borrados os comentarios que conteñan insultos e/ou contados inadecuados Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.