Blog

Historia dun náufrago / Pechar a boca dos lobos

Historia dun náufrago

Hai tempo, cando os barcos eran de vela e non de vapor, un home chamado Robin o vello vivía nun pobo á beira do mar. Antes, el fora un gran mariñeiro e pasara grandes aventuras, pero agora dedicábase a entreter os rapaces coas súas historias.

Todos os nenos o admiraban e respectaban. Ata os maiores calaban e escoitaban con atención.

Un día, Robin o vello dixo:

–Sei que pensades que as miñas historias son moi interesantes, pero vouvos contar a miña maior humillación:

"Un día, ía navegando cun novo capitán. O pobre home era maior, tiña algunhas perdas de memoria e non recordaba o meu nome. Sempre me chamaba:

–Ramiro, ven onda min.

–Ronaldo, frega os pratos.

Ademais era moi testán, e cando lle dicía que eu me chamaba Robin, el respondía:

–Cala, Raúl, e volve ao traballo, lacazán.

Un día, cando desembarcamos para descansar, decidín darme un mergullo e, cando partiron... non se acordaron de min! Pasei tres días naquela illa que apenas tiña un par de cocos. Pero non perdín o tempo: fixen unha fogueira, desenterrei un baúl e quentei o leite dos cocos para bebelo. Ao segundo día apareceu unha quenlla. Como me sentía solo (e louco), falaba con ela para sentirme acompañado. Por ser o cociñeiro, sempre levaba un coadoiro e Diario de Pontevedra, unha tixola enriba, así que collía auga do mar (cando a quenlla non miraba), coaba o sal e bebía. Pasaron os días, apareceu un barco e o meu capitán berroume:

–Vamos, Robin, vaia náufrago estás feito!

Non protestei porque estaba demasiado ledo. Aínda hoxe me pregunto se o capitán olvidaba o meu nome ou se me tomaba o pelo ese o de deixarme na illa foi a vinganza por tirarlle aquela pota de caldo enriba".

Todos riron de boa gana.

Noa Álvarez Rey

CEIP Illas Cíes (Vigo)


Pechar a boca dos lobos

Nun pobo calquera vivía unha nena moi moi especial chamada Claudia que tiña un talento innegable. A cativa tiña o cabelo de cor castaña clara e os ollos verdes coma dúas esmeraldas, e tamén tiña a pel moi pálida e pencas na cara.

O talento de Claudia era o seu cantar, a súa voz era fermosa e o seu canto era anxelical. Todo o pobo a aclamaba e a apoiaba para que seguise cantando toda a súa vida.

Un día moi tranquilo, ao pobo chegou un forasteiro que traía un carro moi grande, e dentro del, un desafío para a rapaza. Esta, ademais de cantar, tamén tiña fama de poder domar os animais salvaxes ou feras cantándolles cancións que ela improvisaba dependendo da situación na que se encontrase e das feras que tivese como opoñentes.

O forasteiro presentouse coma Sr. Rudú, e díxolles ás xentes do pobo que viña retar a Claudia a que vencese os cinco lobos que traía no carro. A nena aceptou e decidiu probar sorte. Levou os lobos ao recinto onde practicaba coas outras feras (un pouco menos perigosas ou un pouco amestradas) que había nos arredores do pobo.

Avisou a todos e, nese mesmo intre, acudiron a mirar o espectáculo. Claudia meteu os lobos dentro do recinto e despois entrou. Cando comezou a cantar, os lobos non sentiron nada, pero pronto comezaron a reaccionar á canción da cativa e a soñar. Claudia meteuse tamén nos soños dos lobos e aquela dimensión asombrouna.

Cando volveu á realidade, todos e todas a aclamaron e felicitaron. Conseguírao! Amestráraos!

O Sr. Rudú marchou do pobo moi enfurruñado cos lobos, e Claudia quedou triunfadora.

Eva Aval Iglesias

CEIP San Roque de Darbo (Cangas)

Comentarios