Quitamerendas

Belén López

Votacion: 
No hay votos

Proxecto Pacheco

O PROXECTO colaborativo de ilustración Un rolo de papel continuo poderase ver na sede de Afundación na Coruña entre o 17 de xullo e o 27 de agosto e na sede de Vigo entre o 7 e o 28 de setembro. Pero foi na Sala X, da facultade de Belas Artes de Pontevedra, onde naceu esta proposta. Fíxoo, a principios de ano, da man da profesora Susana Cendán, comisaria dunha iniciativa que reunía o traballo de Nono Bandera, Marcos Covelo, Julia Huete, Nuria Figueiredo, Berto Fojo e Natalia Umpiérrez. Os tres últimos, Nuria Figueiredo (Ourense, 1986, licenciada en Belas Artes), Berto Fojo (Pontevedra, 1982, licenciado en Belas Artes) e Natalia Umpiérrez (Pontevedra, 1982, tamén licenciada en Belas Artes) son membros do Estudio Pacheco, un colectivo artístico que montaron xunto ao fotógrafo Jaime Olmedo (Ourense, 1982, licenciado en Comunicación Audiovisual).

"La idea de montar Estudio Pacheco nace de una necesidad común, la de contar con un espacio en el que poder trabajar a gusto", explica Umpiérrez. O encontro entre os rapaces, a pesar de estudar case todos na facultade de Belas Artes de Pontevedra, prodúcese, en realidade, no Liceo Mutante. "También en La Fabrikería, en Tui, un lugar que llevaba Nuria y en el que Berto fue a tocar con su grupo, Djalminha". No espazo artístico alternativo de Rosalía de Castro, en concreto nas xornadas de autoedición Grapa Grapa, os creadores comezaron a darlle voltas á idea de instalarse xuntos en Pontevedra. "Se trataba de salir de casa, de introducir en nuestra vida una rutina de trabajo y eso sólo era posible localizando un espacio que pudiésemos compartir entre varios para afrontar los gastos", engade Nuria Figueiredo. "Empezamos a mirar locales en Pontevedra y vimos que era factible". Atopárono en Ferreiros, no local da antiga Floristería Pacheco. O cartel aínda permanece. "Unha homenaxe á identidade do local". E algunha pegatina con flores e plantas. Ademais de, por suposto, o nome, tan sonoro, que decidiron adoptalo.

Estudio Pacheco naceu oficialmente no verán de 2015. O seu traballo leva véndose dende entón por Pontevedra. Dese espazo saíu, por exemplo, a imaxe dos proxectos municipais Turiña ou Cunca e Nécora, entre outras cousas.

"Se hai un punto de unión entre nós é o interese pola arte plástica e visual", explica Berto Fojo. "En esencia, Pacheco é un estudio compartido entre profesionais da ilustración, do deseño gráfico e da fotografía". Outro punto en común: a preocupación por manter a súa independencia. "Y el concepto del Do IT Yourself", engaden. Todo, arroupado polas circunstancias. "Yo creo que Estudio Pacheco nace de una mezcla del interés personal en trabajar por nuestra cuenta y la situación laboral actual", indica Jaime Olmedo. "Dalgunha maneira estamos moi relacionados tamén co espírito co que naceu o Liceo Mutante, esa idea de por que non se van poder sacar adiante proxectos coma este aquí", engade Fojo.

Estudio Pacheco aspira ademais a converterse nun pequeno espazo cultural alternativo. Inaugurouse cunha exposición e acolleu varios obradoiros como o do pintor Joseba Muruzábal. O mes que vén montará outra mostra do debuxante José Haz. "É a nosa materia pendente, darlle esa outra vida ao local, traer amigos que fan cousas e convidalos a mostralas".


Jaime Olmedo (jaimeolmedo.com)  ►Despois de arredor dunha década traballando en Madrid como fotógrafo, volveu a Pontevedra co obxectivo de desenvolver aquí a súa profesión. Agora mesmo o seu traballo céntrase en fotografía de eventos (principalmente vodas) e corporativa, en fotografía fixa en diversas producións audiovisuais de nivel nacional e nos seus proxectos persoais. Actualmente está a traballar nunha investigación dentro do eido da fotografía de paisaxe que o levou a percorrer a pé todos os recunchos do río Lérez dende o seu nacemento ata a súa desembocadura.

Berto Fojo (bertofojo.com) ►Como Natalia Umpiérrez, colabora co Istituto Europeo di Design de Madrid como profesor invitado. O ano pasado, coa editorial coreana SSE Projects, publicou un libriño titulado Poio e inspirado nalgúns dos habitantes máis estraños do concello no que medrou. Tamén publicou en 2015 o libro Nados Mortos, publicado en Estados Unidos por Valley Cruise Press e en Londres por Jerseys Para Los Monos. Traballou como ilustrador de El Comidista en El País e colabora ocasionalmente con medios como ICON ou Bloomberg Businessweek (Estados Unidos). Nos últimos anos participou en exposicións que levaron o seu traballo a lugares como Nova York, Portland, Berlín, Londres, Madrid, Barcelona ou Helsinki.

Nuria Figueiredo (nuriafigueiredo.com) ►Xa está no prelo o que será o primeiro cómic de Nuria Figueiredo, que levará por título Nomeolvides e que será publicado en xuño pola editorial madrileña Ultrarradio. Actualmente o seu traballo céntrase no deseño de estampados téxtiles e na investigación da cerámica como material escultórico.

Natalia Umpiérrez (nataliaumpierrez.tumblr.com) ►Compaxina a súa tarefa de deseñadora gráfica e ilustradora (entre os seus últimos traballos hai colaboracións coa Fundación RAC ou coa Universidade de Vigo) coa súa traxectoria persoal como pintora, eido no que vén realizando numerosas exposicións dende hai máis dunha década. Traballando xa en Pacheco, ilustrou dous libros infantís para a editorial Lobito Bueno: Cuando Ana adoptó a Perico (2015) e Imaginar animales imaginarios (2016). Ela e Jaime Olmedo están a traballar conxuntamente nun álbum infantil. Tamén viaxa ocasionalmente a Madrid para exercer de profesora convidada no Instituto Europeo di Design.

Comentarios

fotoOs comentarios enviados fóra do horario de moderación, serán aprobados ao día seguinte

Serán borrados os comentarios que conteñan insultos e/ou contados inadecuados Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.