de actualidad
La artista y activista japonesa Yoko Ono, en una imagen de archivo Yoko Ono
V Certame de Relato Curto

Ela / Lúa chea

ElaEsa noite a lúa recordaba un diamante nun océano de luces. Ela estaba tan fermosa coma sempre. Vivía na casa do lado e eu coñecíaa desde os tres anos, pero nunca cansei de ver o seu sorriso. E podía que aquela fose a última vez. Levaba tempo planeando marchar da cidade, pero non estaba de todo convencido. Funme deitar. Estaba canso[...]

Que foi o que pasou? / A miña heroína

Que foi o que pasou?Non sabía o que estaba a pasar. Xa ía un bo anaco que espertara e en ningún momento aquel lugar se iluminara. Non sabía exactamente o que era aquela estancia, pois todo era escuridade. O único que si sabía era que non estaba só[...]

Aire / O carrusel máxico

AireHoxe chegaba xusta. Chámome Xoana, teño vinte e tres anos e son animadora do hospital Xoán Martín. Os meus nenos estanme a esperar, concretamente, na planta de oncoloxía; é dicir, a dos nenos con cancro. Ao chegar, todo son abrazos; é a hora da alegría: cantamos cancións, facemos crebacabezas, lemos contos…, pero, sobre todo[...]