PDF

Ver la portada de hoy

de actualidad
foto Paula Vázquez
Nube tóxica

Marta Veiga

Votacion:
4.5 (15 votos)

Salvador Sobral, no centro e feliz, celebra o seu pase á final de Eurovisión

Ben deitamos de Portugal

Agora que Europa celebra como unha vitoria once millóns de votos nazis en Francia, os irmáns do sur arrecenden a esperanza

"VALERIA!!! GALEGOS!!!".

Foi no outono. Nun Pret A Manger de Notting Hill, o barrio londiniense onde Hugh Grant lle facía a súa célebre caída de pestanas a Julia Roberts. O camareiro amabilísimo que nos viña de convidar á sobremesa identificáranos como portugueses, mais mantivo o entusiasmo cando lle confesamos que viñamos do curso máis alto do Miño.

Contounos que el era de Barcelos e a súa compañeira, Valeria, de Madeira. Que foi vernos entrar e decatarse eles os dous de que nós eramos portugueses. Ou case, vaia. Falamos do que falan os portugalegos cando se atopan fóra da casa: de que o inferno é un lugar tépedo a carón de Ourense en verán, do costaleira que é a cidade de Vigo, do fría que está a auga na praia de Rodas das illas Cíes, dese paraíso próximo que temos no Gerês —onde o noso interlocutor botara as últimas feiras coa súa namorada—, e da cor sospeitosa do café na Gran Bretaña.

Quixo saber se estabamos recén chegados á emigración e preguntou se podía botar unha man. Dixémoslle que só serían uns días de vacacións. Saímos do local cunha chea de recomendacións. Explicounos que antes do solpor é a mellor hora para ir visitar a ponte de Londres e ver como se prenden as luces. "Despois xa ides cear a un sitio no que teñen comida de pub inglesa que está moi ben de prezo. Con vistas á ponte, toda alumeada". Aínda atopei o outro día nun bolso o plano que nos debuxara nunha servilleta.

Que os galegos e os portugueses se buscan —buscámonos— na diáspora é algo que coñecen ben en Francia, Andorra, Suíza ou Bélxica. Ao Ironbound de Newark, a media hora en tren de Manhattan, nun meandro do río Passaic, chegaron no XIX alemáns, polacos e italianos da estirpe de Tony Soprano. Coa mudanza de século arribarían os portugueses a este distrito de compañeiros do metal e ferroviarios, de traballadores do porto e, á calor deles, xa a partir dos anos trinta, galegos. Ao longo do século XX, distintas comunidades lusófonas, de Brasil, Cabo Verde, Mozambique ou Angola e tamén os galegos, acudiron á chamada do Little Portugal de Ironbound, onde os estadounidenses doutras orixes aprenden a pronunciar bacalhau ao tempo que se fan cruces ante a variedade de peixes para o consumo humano do Popular Fish Market.

No Ironbound, en catorce por catorce mazás de entramado urbano, cálculase que viven 30.000 portugueses e chegou a ser o fogar de ata 15.000 galegos, tantos deles empregados nas décadas finais do século XX na limpeza en altura dos rañaceos, un dos oficios máis perigosos. Hai uns anos, Ilda Álvarez, cantora do Courel e muller brava, contoume que ela tamén fora unha das 15.000 de Newark, onde traballou como operaria dunha fábrica téxtil.

Neste maio no que vemos agostar a herba como se tocasen as trompetas da Apocalipse, as galegas recuperan as rutas do estraperlo da raia seca para ir ver o Papa Chico. Existiu a intención de pechar as fronteiras entre Galicia e Portugal agás os dous pasos entre Tui e Valença e Verín e Chaves, pero os gardinhas víronse obrigados a recuar ante o descontrol xeralizado e a indignación das xentes arraianas. Non se lle poden poñer cancelas ao pobo e iso sábeo ata a Virxe de Fátima.

Nesta primavera na que celebramos como unha vitoria que os nazis acaden once millóns de votos nas presidencias francesas, Portugal arrecende a esperanza case que como naquela outra primavera dos cravos de 1974 e unha recuperación económica que desafía as políticas de austeridade asómase aos titulares da BBC.

Sabemos o que fixo Portugal o último verán (gañar unha Eurocopa de fútbol con Cristiano lesionado), e como xa lles contou onte Ramón Rozas neste mesmo espazo que o António Costa ata lle está a poñer couto aos eucaliptos —iso tamén é afouteza—, cómpreme a min o negociado pop da milagre portuguesa no centenario das aparicións marianas da Cova da Iria.

Salvador Sobral, un mozo de 27 anos, está a marabillar o mundo co seu Amar pelos dois, unha canción que sabe a música dos anos vinte e que lle encaixou como unha luva a súa irmá, Luísa, para a festa da democracia que está a celebrarse en (que ironía) Kiev.

Hai só seis anos, a RTP portuguesa concorreu a Eurovisión cun alegato antitroika a cargo dos Homens da Luta. Desta volta, os Sobral, que se pasean pola alfombra vermella con roupas deseñadas pola nai e que aproveitan as roldas de prensa para volver a mirada sobre o drama das persoas refuxiadas, colocaron na final unha peza que fala de amar devagarinho, das poucas nunha lingua distinta do inglés, minimalista, das que poñen os ollos húmidos. Menos mal que nos queda Portugal.

Comentarios

fotoLos comentarios enviados fuera del horario de moderación, serán aprobados al día siguiente.

Serán borrados los comentarios que contengan insultos y/o contenidos inadecuados. Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.

imagen de usuario
Xosé Manuel Barreiro domingo 14 de mayo de 2017, 21:42
12

Paréceme que gañou a única canción que se presentou e que nós gañariamos máis se mirasemos máis cara a Portugal. O artículo paréceme tamén xenial. Obrigado por todo e a todos ...e viva Portugal

imagen de usuario
María Paz Alonso Rodríguez sábado 13 de mayo de 2017, 18:59
11

Que bonito de ler este artígo ! Qué bonito contar tes! Noraboa.

imagen de usuario
sábado 13 de mayo de 2017, 12:33
10

free pharmacy tech ce erectile dysfunction products can i buy viagra hypertension erectile dysfunction best herb for erectile dysfunction buy viagra samples best over counter erectile dysfunction pills buy viagra without presc

imagen de usuario
sábado 13 de mayo de 2017, 12:33
9

http://us-best-store.com/#sildenafil-natural-alternatives - can viagra cause impotence when do you take viagra http://usa-best-store.com/#viagra-sildenafil-citrate-100mg - coping with erectile dysfunction walmart pharmacy helena mt http://usa-best-store.com/#lee-pharmacy - medical name for viagra cialis best price http://usa-best-store.com/#target-pharmacy-coupon - cialis viagra levitra viagra safety

imagen de usuario
sábado 13 de mayo de 2017, 11:30
8

uf pharmacy school central pharmacy santa monica tadalafil tabs what are the side effects of cialis woodbury pharmacy sildenafil from india online levitra what happens if girls take viagra

imagen de usuario
jayden62c sábado 13 de mayo de 2017, 07:58
6

I have read so many articles regarding the blogger lovers however this paragraph is truly a good piece of writing, keep it up. Here is my web site; Elvis Filipowski - http://nl.argostyle.eu/