Blog

Perdida/ O principio da maxia

Perdida


ENCÓNTROME NUN bosque, non sei que facer. Agardar a que alguén chegue e me atope, berrar, saír correndo... Nin sequera sei que fago, ou como cheguei aquí, para comezar.

Sei que estou nunha fraga porque os bicos das árbores non me deixan ver o ceo. Tampouco quero coñecer como sei que o ceo está gris, cuberto por nubes que presaxian treboadas e xustifican o forte vento que sopra e me fai voar o cabelo arredor da miña cara e me arrefría as orellas ata tal punto que nin as noto. O sitio pode ser triste, pero camiñar faime esquecer que non sei onde me atopo, nin que non sei como vou saír de aquí, pero parece que todo se vai xunto co vento que pasa por min, os problemas marcharán voando.

Séntome nunha rocha a pensar e dígome a min mesma que os montes non poden ser infinitos, e se chego ao final poderei ir camiñando ata unha cidade próxima, e preguntar onde estaba, e se me podían achegar a Pontevedra, que é de onde son.

Camiño e camiño, e cando me dou conta xa estou fóra da fraga, estou de volta en Pontevedra e diríxome feliz á miña casa, pero aínda sen saber como puiden ir parar a ese lugar.

Por fin todo rematou.


Lucía Estévez Suárez (CEIP A Laxe, Marín)



O principio da maxia


ESTABA EU na cama cando percibín algo estraño. O meu pai, o rei, non estaba no castelo, pregunteille a todo o reino e ninguén sabía nada. Entón decidín emprender unha longa viaxe para encontralo.

Atopábame no portón dos nosos dominios cando os gardas pararon en seco a miña camiñada. Eu saltei o muro cando non miraban, e encontreime cun animal estraño que me dixo exactamente quen era eu, e deume un libro de "maxia". Seguín a viaxe só cunha espada e a roupa que levaba posta. Aínda que me pareceu moi estraño que soubese todo iso o animaliño. Probei a practicar un pouco os "feitizos" do libro a ver se funcionaban e collinlle o truco.

Despois atopei unha nena cunhas pinturas que me detivo, e dixo que loitásemos, pero eu dixen que non, e pintou un símbolo raro no chan do que saíu unha torre altísima na que estaba ela, e atacoume con varios símbolos con distintos poderes. Escalei a torre e vinme nunha encarnizada batalla da que saín vitorioso, pero notei como se morrese miles de veces.

Logo de tres semanas en combates con persoas moi poderosas, alguén coñecido acercouse e axudoume na viaxe, era o meu mellor amigo Kiryl! Chegamos ata un castelo enorme no que vivía o suposto xefe das persoas que me atacaron, díxomo o seu mellor home. Pasei e loitamos, primeiro levaba unha capa con capucha negra e non o distinguía, aínda que despois de varios feitizos caeulle e non puiden evitar ver que era o animal do muro do reino. Entón explicoume o seu plan, e sentín un baixón de enerxías, como se me pegasen a malleira máis grande da miña vida, e ganeille.

Todo volveu á normalidade no reino, por agora.

"Que bo videoxogo, sorte que o comprei".


Saúl Fariñas Rodríguez (CEIP Plurilingue Antonio Palacios, O Porriño)

Perdida

Comentarios