Blog | III Certame de relato curto

'Salvando o bosque maravilla' por Diego Santiago Martínez

Nunha tarde de outono a señorita Carmela, unha muller fraca de pouca estatura, foi ao bosque Marabilla recoller froitos para cociñar unha deliciosa torta. Camiñaba ledamente, pero tropezou, deu coa cabeza no chan e quedou inconsciente. Cando espertou, encontrábase nunha casiña pequena onde vivía un elfo chamado Rasputín.

–Ahhh, un elfo, socorro!!! –gritou tremendo de medo.

–Tranquila, son Rasputín, e case todos os seres fantásticos do mundo estamos aquí, escondidos neste bosque.

Carmela alucinaba.

–Neste bosque diminuto…, como van vivir aquí todos eses seres fantásticos?

–Iso é o que cren os humanos, pero debaixo da terra atópase un mundo cheo de fantasía. Tróuxente aquí para que liberes o bosque dunha maldición que puxo o malvado Martón.

Carmela aceptou, e saíron a buscar a Martón que vivía nun castelo. De súpeto, no medio do bosque apareceu o Fénix Escuro. O elfo díxolle a Carmela:

–Non te movas, os fénix son coma os T. Rex!

–Carmela ficou paralizada.

Mais o fénix mirouna e foi por ela. Por sorte, Rasputín tiña dous dardos tranquilizantes. Lanzoulle un, e o fénix quedou durmido. Pasadas dúas horas chegaron por fin ao castelo. Na entrada encontrábase un centauro que só os deixaría entrar se lle gañaban nun partido de tenis. Conseguírono coa axuda da maxia, por un puntiño de nada. Cando chegaron á cima do castelo, viron a Martón, un rei moi frío por dentro.

–Quen anda aí? –preguntou Martón ao escoitar pasos.

Ninguén respondeu, e Martón, confiado, foi durmir.

Rasputín bisbou:

–Hai que romper esa bóla cristalina. É a que contén a maldición que aprisiona o bosque Marabilla.

Carmela acercouse sixilosamente e rompeuna tirándoa ao chan.

Ao día seguinte atopárona tirada no bosque silencioso. Non lembraba nada do que acontecera.

Diego Santiago Martínez

6.º curso, CEIP Manuel Vidal Portela (Pontevedra)

Comentarios