Blog | III Certame de relato curto

'Que medo', por Adriana Barros García

–Tes que ter coidado! –dixo preocupada a súa nai–, o bosque é moi perigoso, sobre todo pola noite.

Aldara quedara cos seus amigos para contar lendas e historias de medo no bosque. Pero antes, ela tiña que ir á casa de Carla onde se reunirían.

Cando chegou á casa de Carla, xa estaban todos e puxéronse en camiño. No bosque estaba escurecendo. Sentaron nun descampado, enriba duns troncos. Aldara abriu a mochila, colleu a lanterna e preguntou:

–Quen empeza?

E ao pouco tempo…

–Ti, empeza ti –dixo Xoán que parecía estar morto de medo.

–Vale, pois empezo eu –contestou Aldara. Prendeu a lanterna e comezou co seu relato:

»Hai moito tempo, nesta mesma vila e neste mesmo bosque, había unha pequena aldea medieval. No castelo vivía un cabaleiro que non era nada bo cos seus compañeiros. Este cabaleiro tiña un cabalo negro coma a noite, cos ollos claros coma as nubes. Os demais cabaleiros non estaban contentos con el e un día acordaron matalo.

»O asasinato realizárono cravándolle unha espada no peito, e posteriormente cortándolle a cabeza. Despois, tamén mataron o cabalo. Enterraron o corpo do cabaleiro xunta o cabalo na aldea, pero… a cabeza enterrárona aquí, neste mesmo bosque.

»Conta a lenda que o xinete sen cabeza vaga polo bosque e lles corta a cabeza a todos os cidadáns cos que se atopa e seguirá facéndoo ata que encontre a súa cabeza.

Cando Aldara terminou o seu relato escoitouse o ruído dunha póla e viron unha sombra que se achegaba… Era o xinete sen cabeza!!

Todos berraron e correron sen parar ata chegar ás súas casas.


Adriana Barros García
6º curso, CEP de Riomaior (Vilaboa)

Comentarios