Choque mortal de dous helicópteros en EEUU

Catro persoas morreron no choque de dous helicópteros pertencentes a dous medios de comunicación, mentres cubrían unha persecución policial en Phoenix (Arizona). Segundo fontes policiais, en cada un dos aparatos viaxaban dúas persoas, un piloto e un reporteiro.

Segundo informou a Axencia EFE, os dous helicópteros incendiáronse e estreláronse sobre un parque da cidade. Transmitían en directo como a policía perseguía a un camión na autopista. Foi un terceiro helicóptero, doutra canle local da Fox, quen gravou o accidente.

Os catro falecidos son Craig Smith e Rick Krolak da KNXV e Scoott Bowerbank e Jim Cox,  da KTVT, ambas, canles locais do estado de Arizona.

Comentarios